
Neste tercer disco Manoele, coa especial tenrura de súa voz e a sensibilidade das súas composicións, homenaxea unha das nosas ilustres das Letras Galegas, María Mariño Carou. Deleitarse coa poesía convértese en algo máis ca unha lectura, deixarnos acariñar por esta interpretación melódica achéganos a una reflexión interior que nos permite mergullarnos para intentar comprendernos a nós fronte ó mundo en que vivimos.