Arquivo para Febreiro 19, 2008

MÚSICA A MARÍA MARIÑO

Posted in DISCOGRAFÍA with tags , on Febreiro 19, 2008 by manoeledefelisa
letras galegas 2007Neste tercer disco Manoele, coa especial tenrura de súa voz e a sensibilidade das súas composicións, homenaxea unha das nosas ilustres das Letras Galegas, María Mariño Carou. Deleitarse coa poesía convértese en algo máis ca unha lectura, deixarnos acariñar por esta interpretación melódica achéganos a una reflexión interior que nos permite mergullarnos para intentar comprendernos a nós fronte ó mundo en que vivimos.

DISCOGRAFÍA

Posted in DISCOGRAFÍA with tags , , on Febreiro 19, 2008 by manoeledefelisa

DISCOGRAFÍA

Disco “Orballo”

A gravación do seu primeiro traballo discográfico “Orballo” foi no ano 1999 e distribuido por “Edicións do cumio” . Este disco está adicado á memoria da figura de Roberto Blanco Torres, poeta e xornalista da localidade pontevedresa de Cuntis, que fora asasinado na guerra civil e posteriormente homenaxeado no día das letras galegas o 17 de Maio de 1999. Neste CD atópanse ademáis de temas propios do compositor, con musicalizacións do poemario “Orballo da media noite”.

“chove”

“Chove” é o segundo disco, non se produce a publicación oficial ata o ano 2005 por parte do selo “Zouma records”, e producción a cargo da productora “Limón Produccións”. Son composicións de corte intimista e repletas de gavanzas á terra, á xente e ás costumes tradicionáis. Cabe destacar “O mar de Sampedro” adicado á istoria de Ramón Sampedro, e o prólogo realizado por Ángel Núñez Sobrino.

“Galicia”

No 2003 colabora tamén con Astarot, A quenlla e nun recopilatorio de música Child Out e no 2004 participa noutro disco titulado “Así é a miña terra” con artistas como Xil Rios, Suso Vaamonde, Astarot, A Quenlla, Seare etc… producido por Alfredo Garrido de “2001 producciones”

“A Mar�a Mariño”

Ano 2007 grava un novo disco adicado á poetisa María Mariño Carou “A MARÍA MARIÑO”

Ó seu currículum discográfico hai que engadir noutro eido, as colaboracións realizadas nos discos de “La oca” producido por JM Paradela, a “Orquestra Pontevedra” producido polo Pive, e tres discos gravados e producidos por el mesmo co grupo Limón, dos cales o primeiro foi galardoado co premio especial do programa “Luar” da RTVG.